22/2/08

Sábado 1 de marzo-Asemblea xeral

O vindeiro sábado día 1 de marzo a partir das 16.30 horas en primeira convocatoria e ás 17 horas en segunda celebrarase n'A Cova Céltica a asemblea xeral da asociación na que se tratarán diversos temas de interese para os Curriolos. Quedan convocados todos os socios e a directiva, así como aqueles que estean interesados en colaborar co noso colectivo, agora que cumpriremos un ano de vida. Asistide!

6/2/08

Entroido curriolo... Óscar campión!

O gañador do concurso de disfraces, pola súa "gracia y salero", foi o gran Óscar. Felicidades campión!


Aquí, unha escolma dalgún dos disfraces deste Entroido 2008.

2/2/08

Entroido curriolo

A ASCR Os Curriolos da Pescadería, en colaboración coa Cova Céltica, celebran o Entroido este luns 4 de febreiro a partir das 12 da noite. Haberá concurso de disfraces con premios. Apuntádevos!