11/3/09

Mudámonos de enderzo


Dende hai uns días, os Curriolos da Pescaría mudámonos de enderezo na rede:
http://curriolos.blogaliza.org
Un blogue con máis contidos, con máis espazos e que agardamos que sexa do voso agrado.

13/11/08

Os Curriolos da Pescadería, protagonistas en 'Aberto por reformas'


O pasado mércores, Os Curriolos da Pescadería foron un dos protagonistas do programa Aberto por reformas da Radio Galega, que conduce Xurxo Souto, e que foi emitido en directo desde A Cova Céltica. Neste enlace podedes escoitar o programa, onde actuou o grupo coruñés Duplo Son e o noso compañeiro Brais Maceiras.

29/10/08

Noite do Samaín

Na noite deste venres, cabazas, festa e sorpresas. Non faltes!!!

20/10/08

Debut na Liga Nacional da Billarda

Os Curriolos da Pescadería debutamos o pasado domingo día 12 de outubro na Liga Nacional de Billarda. O noso equipo, no seu primeiro día de competición na Conferencia Noroeste, acadou un espectacular segundo posto, tendo ademais a honra de facer un dos varados da xornada grazas á habilidade da estrela do equipo, o señor Villarino. Ademais, Rodrigo puido deleitar ao público presente cunha das xogadas máis espectaculares da xornada, cun 'billardazo' sen ángulo na última das quendas. Por outra banda, o noso capitán, Pedriño, foi o protagonista da entrevista do día en Tele-Varal, a canle encargada da retransmisión e reportaxes da competición en toda Galiza, mentres que a prensa tamén se fixo eco da xornada vivida en Celas de Peiro.

A clasificación da xornada foi a seguinte: Os Xarutos, 24 puntos. Curriolos, 15. Atreu, 15. Taravelas, 14. Filloas de Sangue, 12. Furabolos, 11. Feniáns Galegos, 8.

Se queredes comprobar todos os resultados, só tedes que visitar a web da Conferencia Noroeste da LNB

9/7/08

San Xoán 2008


Grazas a todos! Un ano máis, un novo éxito. Repetiremos.

22/6/08

I Trofeo Curriolo de Fútbol 3

O pasado sábado 21 a ASCR Os Curriolos da Pescadería celebramos o 'I Trofeo Curriolo de Fútbol 3' na parroquia de Elviña. Cinco sufridos equipos loitaron contra o sol, a abafante calor e os anos de máis (nalgún caso) para gozar dunha xornada de confraternidade e deporte desde as 11 da mañá. Os Dezeuristas foron os campións do campionato logo de impoñerse aos Matete's boys por 5-3 na gran final. Velaí van os resultados completos.

1ª xornada
A Cova 2 - Maqueados 10
Mallo, Pedro / Diego (7), Álex (2), Miguel

Dezeuristas 5 - Matete's Boys 4
Carlos (2), Pirri, Carro (2) / Matete, Pinone (3)


2ª xornada

Dezeuristas 7 - Impresentables 2
Carlos (2), Pirri (2), Carro (2), Pitu / Farruquito (2)

Matete's Boys 3 - Maqueados 2
Matete, Javito, pp / Diego (2)

3ª xornada
Impresentables 4 - Maqueados 11
Miguel (2), Alfredo (2) / Diego (9), Álex (2)

Matete's Boys 6 - A Cova 3
Matete (3), Trifón (3) / Mallo, Serafo (2)

4ª xornada
Dezeuristas 6 - Maqueados 2
Pirri (2), Carro (3), pp / Diego, David

Impresentables 4 - A Cova 3
Farruquito (2), Rodri, Adrián / Pedro (2), Serafo

5ª xornada
A Cova 3 - Dezeuristas 0
Mallo, Serafo, Pedro

Matete's Boys 4 - Impresentables 3
Trifón, Pinone (3) / Farruquito (3)

FINAL
Dezeuristas 5 - Matete's Boys 3
Pirri (2), Carlos (2), Carro / Matete, Trifón (2)

CLASIFICACIÓN FINAL
1. Dezeuristas
2. Matete's Boys
3. Maqueados
4. Impresentables
5. A Cova

Máximo goleador: Diego (Maqueados): 19 goles.
Equipo menos goleado: Matete's boys: 15 goles.
Equipo máximo goleador: Maqueados: 25 goles.