29/1/08

Xornal 'Galicia'

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo

A ASCR Os Curriolos da Pescadería, en colaboración coa Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo e o colectivo Burla Negra, convocan a todas as persoas indignadas co proceso de liquidación do proxecto cultural de Sargadelos a que colaboren e axuden na defensa de Isaac Díaz Pardo coa compra e a distribución do número cero do xornal 'Galicia'. Este periódico, un proxecto inacabado que nunca chegou a ver a luz malia os esforzos de numerosos galeguistas, foi o motivo principal da creación do IGI (Instituto Galego de Información) aló polo 1977. A devandita publicación, con vocación de país e galeguista, non foi posible, pero agora a súa recuperación simbólica servirá tamén como "acción en rede contra o silencio" que tantas veces nos queren impoñer. Podédelo mercar n'A Cova Céltica (Rúa Orzán, 82, A Coruña).