13/7/07

CHURRASCO-SARDIÑADA DE SAN XOÁN

Os curriolos comezamos a xornada festeira con forza as 17 horas estreando a barra de fóra Por fin chegan as sardiñas lañadas, a delicatessen da noite.

As curriolas tamén van chegando para montar boa festa

E xa comeza entrar a chicha na grella, aí vemos ao fogoneru Serafu dándolle ás brasas

Que pasa neng!!!! Tanto furor cociñeiro precisa un stop para ver coma ían os partidos de ascenso do Fabril e do Racing de Ferrol.

O Iván xa non pode resistir ao arrecendo do churrasco e das lañadas


Cos bos aromas dos ricos alimentos comeza achegarse a xente ao carón da grella

Os expertos cociñeiros, co Sr. Villarino, supervisando danlle duro á grella

E non hai boa festa se non remata cunha foliada, e para iso estaban Tucho e Pedriño para animar a festa


19/6/07



CHURRASCO-SARDIÑADA
DO DÍA DE SAN XOÁN




Outro ano máis celebramos a noite de San Xoán,é a noite coruñesa por excelencia,esa noite ne que todos festexamos coma irmaos a festividade do lume, da nova vida,da puificación da alma bañada en cervexa e alimentada cunha boa comilona de churrasco e sardiña.
Por todo isto os curriolos queremos convidar a todos os nosos amigos á churrasco-sardiñada que se fará n'a Cova Céltica o sábado día 23 deste mes a partir das 20 horas, na que por un módico prezo poderedes degustar de churrasco e das deliciosas sardiñas lañadas que nos preparará a avoa de Miguel, que é das poucas persoas que conservan en Galiza esta rica tradición.
Con todo isto, espero vervos esta noite tan especial para desfrutar connosco da festa e así axudar a que a festa e os curriolos se fagan máis grandes.

15/6/07

Actividades


Xuño de 2007 n'A Cova Céltica:
-Exposición de fotografía 'Beateando
as Américas' de Miguel Otero (fotoxornalista)

7 de xuño do 2007 n'A Cova Céltica:
-Concerto Rober n' Scroll.
-merenda con embutido leonés

13 de xuño do 2007 n'A Cova Céltica:
-Charla do fotoxornalista Miguel Otero.
-Exposición fotográfica 'Beateando as Américas'

23 de xuño do 2007 n'A Cova Céltica:
-Noite de san Xoán:
Churrascada e sardiñas lañadas
O noso presidente e entrenador coa copa
III Intertascas,07
Cova céltica 4
Repichoca 1




16 de marzo do 2007 data da fundación.






Partido Intertascas 2006