
Dende hai uns días, os Curriolos da Pescaría mudámonos de enderezo na rede:
http://curriolos.blogaliza.org
Un blogue con máis contidos, con máis espazos e que agardamos que sexa do voso agrado.
Os Curriolos da Pescaderia formáronse como Asociación Sociocultural e Recreativa en abril de 2007. Creouse dentro dun grupo de xente cun obxectivo común que é o de activar a cultura galega e as prácticas deportivas dentro do noso contorno. Queremos convidarvos a que participedes na nosa idea e que con este blog poidades entrar en contacto connosco.
Os Curriolos da Pescadería debutamos o pasado domingo día 12 de outubro na Liga Nacional de Billarda. O noso equipo, no seu primeiro día de competición na Conferencia Noroeste, acadou un espectacular segundo posto, tendo ademais a honra de facer un dos varados da xornada grazas á habilidade da estrela do equipo, o señor Villarino. Ademais, Rodrigo puido deleitar ao público presente cunha das xogadas máis espectaculares da xornada, cun 'billardazo' sen ángulo na última das quendas. Por outra banda, o noso capitán, Pedriño, foi o protagonista da entrevista do día en Tele-Varal, a canle encargada da retransmisión e reportaxes da competición en toda Galiza, mentres que a prensa tamén se fixo eco da xornada vivida en Celas de Peiro.
A clasificación da xornada foi a seguinte: Os Xarutos, 24 puntos. Curriolos, 15. Atreu, 15. Taravelas, 14. Filloas de Sangue, 12. Furabolos, 11. Feniáns Galegos, 8.
Se queredes comprobar todos os resultados, só tedes que visitar a web da Conferencia Noroeste da LNB