20/10/08

Debut na Liga Nacional da Billarda

Os Curriolos da Pescadería debutamos o pasado domingo día 12 de outubro na Liga Nacional de Billarda. O noso equipo, no seu primeiro día de competición na Conferencia Noroeste, acadou un espectacular segundo posto, tendo ademais a honra de facer un dos varados da xornada grazas á habilidade da estrela do equipo, o señor Villarino. Ademais, Rodrigo puido deleitar ao público presente cunha das xogadas máis espectaculares da xornada, cun 'billardazo' sen ángulo na última das quendas. Por outra banda, o noso capitán, Pedriño, foi o protagonista da entrevista do día en Tele-Varal, a canle encargada da retransmisión e reportaxes da competición en toda Galiza, mentres que a prensa tamén se fixo eco da xornada vivida en Celas de Peiro.

A clasificación da xornada foi a seguinte: Os Xarutos, 24 puntos. Curriolos, 15. Atreu, 15. Taravelas, 14. Filloas de Sangue, 12. Furabolos, 11. Feniáns Galegos, 8.

Se queredes comprobar todos os resultados, só tedes que visitar a web da Conferencia Noroeste da LNB

2 comentarios:

ASCR CURRIOLOS DA PESCADERÍA dijo...

Pedriño, superstar!

Anónimo dijo...

A ver se aprendedes a falar diante dun micro!!!
XA vedes, os curriolos dandolo todo!!! é un moi bo comezo de liga, pero agora hai que manelo, así que espero ver a tódolos billardeiro e siareiros o vindeiro día 2 de novembro.
Unha aperta
FORZA CURRIOLOS!!!