19/6/07



CHURRASCO-SARDIÑADA
DO DÍA DE SAN XOÁN




Outro ano máis celebramos a noite de San Xoán,é a noite coruñesa por excelencia,esa noite ne que todos festexamos coma irmaos a festividade do lume, da nova vida,da puificación da alma bañada en cervexa e alimentada cunha boa comilona de churrasco e sardiña.
Por todo isto os curriolos queremos convidar a todos os nosos amigos á churrasco-sardiñada que se fará n'a Cova Céltica o sábado día 23 deste mes a partir das 20 horas, na que por un módico prezo poderedes degustar de churrasco e das deliciosas sardiñas lañadas que nos preparará a avoa de Miguel, que é das poucas persoas que conservan en Galiza esta rica tradición.
Con todo isto, espero vervos esta noite tan especial para desfrutar connosco da festa e así axudar a que a festa e os curriolos se fagan máis grandes.

5 comentarios:

dolores vilariño dijo...

Moi bennnnnnnnnnnn, se non hai cacharela na rúa de S. Pedro, aló imos

Alfredinho dijo...

Alí estaremos, ben seguro!

Anónimo dijo...

- [ Menuda festa a churrascosardiñada de onte. Os Curriolos currando a tope na "Curriologrella" dese mestre da mecánica que é Ferreiro, e que se encargóu de manter ben alimentada de brasas "el fogoneru" Serafo, co manexo excelente das ferramentas na preparación de Iván (marcado moi de cerca por Susana). a organización de Rodrigo e Alex no reparto e a supervisión dos veteranos da troula Sres. Mallo e Villarino.As sariñas lañadas preparadas pola aboa de Miguel voaron e do churrasco só quedarosn oso osos mondos e lirondos.
Despois continuóu a festa coa gaita de Pedriño e o espectáculo cómico-musical de Pesqui e Rodrigo. Unha festa inesquecibel na que todos Os Curriolos puxeron o mellor deles.
Hoxe erguinme poucas horas despois de rematar a festa e estou freco coma unha leituga, relaxado e máis feliz.
A troula senta ben
Saude a todos-"Curriolocovacho"
] - covacho (comentario engadido o día 24/6/07 ás 12:47h)



- [ Tamén hai que suliñar a labor del "Fogoneru" Serafo no mantemento do orden. abortando calquer conato de inicidente.
] - (comentario engadido o día 25/6/07 ás 10:13h)



--------------------------------------------------------------------------------

Boreando dijo...

Demostramos que se colaboramos todos, as cousas saen ben. As sardiñas voaron, o churrasco tamén, a xente reconoceunos o traballo e, pouco a pouco, os curriolos somos algo... E o que é máis importante, pasámolo todos ben e xuntos, que é o que buscamos. Unha aperta a todos!

ASCR CURRIOLOS DA PESCADERÍA dijo...

moitas gracias a todos por participar nesta grande churrascosardiñada.
só queria suliñar o que dixo miguel, que co esforzo de todos esto medra e sae millor, e sempre e máis divertido traballar todos xuntos.
estou moi contento pola peazo festa que montamos e agardando á vindeira, que ten que ser moito millor.
ISTO CADA VEZ TEN QUE MEDRAR MÁIS!
AVANTE CURRIOLOS!!!!!!