Os Curriolos convídanvos á celebración do Samaín. O vindeiro MÉRCORES 31 haberá n'A COVA CÉLTICA castañas e festa para conmemorar unha data que volve coller pulo en Galiza logo de anos de intento de importar o Halloween ianqui, que non é máis que unha adaptación estadounidense dunha tradición moito máis antiga en países como o noso. Por suposto, haberá un CONCURSO DE CABAZAS DECORADAS, así que... Participade! Traédeas ben decoradiñas e a gañadora levará un premio. Feliz Samaín!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario