29/1/08

Xornal 'Galicia'

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo

A ASCR Os Curriolos da Pescadería, en colaboración coa Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo e o colectivo Burla Negra, convocan a todas as persoas indignadas co proceso de liquidación do proxecto cultural de Sargadelos a que colaboren e axuden na defensa de Isaac Díaz Pardo coa compra e a distribución do número cero do xornal 'Galicia'. Este periódico, un proxecto inacabado que nunca chegou a ver a luz malia os esforzos de numerosos galeguistas, foi o motivo principal da creación do IGI (Instituto Galego de Información) aló polo 1977. A devandita publicación, con vocación de país e galeguista, non foi posible, pero agora a súa recuperación simbólica servirá tamén como "acción en rede contra o silencio" que tantas veces nos queren impoñer. Podédelo mercar n'A Cova Céltica (Rúa Orzán, 82, A Coruña).

1 comentario:

ASCR CURRIOLOS DA PESCADERÍA dijo...

Se hai unha cousa que me arrepía, que me dá xenreira, que non me gusta ren,... son as inxustizas. E ista é unha de órdago, a que se lle fai ao último mito vivinte da nosa terra, da nosa cultura, da galeguidade enteira como é o Mestre Isaac.
Gracias ao traballo e á entrega deste Mestre, xente coma min podemos sentirnos ben orgullosos de ser galegos.
E todo iste traballo quere ser esnaquizado por unha banda de impresentables, de alimañas que só morden a mao do que lles da de comer e quen lles ensinou todo na vida.
Eses sí que non se merecen ren, Isaac si que se merece todo!!!