6/2/08

Entroido curriolo... Óscar campión!

O gañador do concurso de disfraces, pola súa "gracia y salero", foi o gran Óscar. Felicidades campión!


Aquí, unha escolma dalgún dos disfraces deste Entroido 2008.

2/2/08

Entroido curriolo

A ASCR Os Curriolos da Pescadería, en colaboración coa Cova Céltica, celebran o Entroido este luns 4 de febreiro a partir das 12 da noite. Haberá concurso de disfraces con premios. Apuntádevos!

29/1/08

Xornal 'Galicia'

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo

A ASCR Os Curriolos da Pescadería, en colaboración coa Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo e o colectivo Burla Negra, convocan a todas as persoas indignadas co proceso de liquidación do proxecto cultural de Sargadelos a que colaboren e axuden na defensa de Isaac Díaz Pardo coa compra e a distribución do número cero do xornal 'Galicia'. Este periódico, un proxecto inacabado que nunca chegou a ver a luz malia os esforzos de numerosos galeguistas, foi o motivo principal da creación do IGI (Instituto Galego de Información) aló polo 1977. A devandita publicación, con vocación de país e galeguista, non foi posible, pero agora a súa recuperación simbólica servirá tamén como "acción en rede contra o silencio" que tantas veces nos queren impoñer. Podédelo mercar n'A Cova Céltica (Rúa Orzán, 82, A Coruña).

18/12/07

Sorteo da camiseta de Iago Iglesias

O vindeiro sábado 22 de decembro, ás 12 da noite, celebrarase n'A Cova Céltica o sorteo da última camisola que Iago Iglesias usou co Deportivo. Deste xeito, o actual xogador do Elche e da selección galega quixo colaborar coa nosa asociación. Traede as vosas rifas e lembrade que aínda estades a tempo de comprar máis ata a mesma hora do sorteo.

7/11/07

CICLO DE CONFERENCIAS: Luns, 12 de novembro: 'Unha historia esquecida: o anarquismo coruñés'

O próximo luns 12 de novembro a partir das 20.30 horas n'A Cova Céltica o historiador e membro da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Eliseo Fernández, impartirá unha conferencia co título: 'Unha historia esquecida: o anarquismo coruñés'. Na devandita conferencia, Fernández falará sobre o movemento anarquista coruñés, que tivo o seu centro neurálxico no barrio de Monte Alto, e que foi fortemente reprimido pola ditadura franquista.

5/11/07

Samaín 2007

Os Curriolos da Pescadería celebramos o pasado mércores 31 o Samaín (Festa das Caliveras, das Cabazas ou dos Calabazotes, como queirades chamarlle). Aí están Brais e Riaño con dúas das cabazas gañadoras do concurso. Houbo castañas, festa e bo ambiente. Esperámosvos o ano que vén para outra nova celebración desta festa tradicional en Galicia que volve recuperarse logo de anos da invasión do Halloween. Apertas!


Estas son algunhas das cabazas expostas antes de comezar a festa.




Unha das cabazas finalistas


A cabaza gañadora

Posted by Picasa

2/11/07

LUNS 5 DE OUTUBRO, CONFERENCIA: 'Entre a historia e a lenda: a Torre de Hércules'

O vicepresidente do Instituto Torre e director do Museo Arqueolóxico, José María Bello, ofrece unha conferencia na que tratará a historia e relevancia da Torre de Hércules, símbolo da Coruña, logo de ser proclamada como candidata a Patrimonio da Humanidade. O luns 5 de novembro a partir das 20.30 horas n'A Cova Céltica e baixo o título: 'Entre a historia e a lenda: a Torre de Hércules'. Haberá, ademais, proxeccións de imaxes do faro e das excavacións feitas na zona.