Os Curriolos convídanvos á celebración do Samaín. O vindeiro MÉRCORES 31 haberá n'A COVA CÉLTICA castañas e festa para conmemorar unha data que volve coller pulo en Galiza logo de anos de intento de importar o Halloween ianqui, que non é máis que unha adaptación estadounidense dunha tradición moito máis antiga en países como o noso. Por suposto, haberá un CONCURSO DE CABAZAS DECORADAS, así que... Participade! Traédeas ben decoradiñas e a gañadora levará un premio. Feliz Samaín!16/10/07
NOITE DO SAMAÍN
Os Curriolos convídanvos á celebración do Samaín. O vindeiro MÉRCORES 31 haberá n'A COVA CÉLTICA castañas e festa para conmemorar unha data que volve coller pulo en Galiza logo de anos de intento de importar o Halloween ianqui, que non é máis que unha adaptación estadounidense dunha tradición moito máis antiga en países como o noso. Por suposto, haberá un CONCURSO DE CABAZAS DECORADAS, así que... Participade! Traédeas ben decoradiñas e a gañadora levará un premio. Feliz Samaín!13/7/07
CHURRASCO-SARDIÑADA DE SAN XOÁN
Os curriolos comezamos a xornada festeira con forza as 17 horas estreando a barra de fóra
Por fin chegan as sardiñas lañadas, a delicatessen da noite.
As curriolas tamén van chegando para montar boa festa
E xa comeza entrar a chicha na grella, aí vemos ao fogoneru Serafu dándolle ás brasas
Que pasa neng!!!! Tanto furor cociñeiro precisa un stop para ver coma ían os partidos de ascenso do Fabril e do Racing de Ferrol.
O Iván xa non pode resistir ao arrecendo do churrasco e das lañadas
Cos bos aromas dos ricos alimentos comeza achegarse a xente ao carón da grella
Os expertos cociñeiros, co Sr. Villarino, supervisando danlle duro á grella
E non hai boa festa se non remata cunha foliada, e para iso estaban Tucho e Pedriño para animar a festa
19/6/07
CHURRASCO-SARDIÑADA
DO DÍA DE SAN XOÁN
Outro ano máis celebramos a noite de San Xoán,é a noite coruñesa por excelencia,esa noite ne que todos festexamos coma irmaos a festividade do lume, da nova vida,da puificación da alma bañada en cervexa e alimentada cunha boa comilona de churrasco e sardiña.
Por todo isto os curriolos queremos convidar a todos os nosos amigos á churrasco-sardiñada que se fará n'a Cova Céltica o sábado día 23 deste mes a partir das 20 horas, na que por un módico prezo poderedes degustar de churrasco e das deliciosas sardiñas lañadas que nos preparará a avoa de Miguel, que é das poucas persoas que conservan en Galiza esta rica tradición.
Con todo isto, espero vervos esta noite tan especial para desfrutar connosco da festa e así axudar a que a festa e os curriolos se fagan máis grandes.
15/6/07
Actividades
Xuño de 2007 n'A Cova Céltica:
-Exposición de fotografía 'Beateando
as Américas' de Miguel Otero (fotoxornalista)
7 de xuño do 2007 n'A Cova Céltica:
-Concerto Rober n' Scroll.
-merenda con embutido leonés
13 de xuño do 2007 n'A Cova Céltica:
-Charla do fotoxornalista Miguel Otero.
-Exposición fotográfica 'Beateando as Américas'
23 de xuño do 2007 n'A Cova Céltica:
-Noite de san Xoán:
Churrascada e sardiñas lañadas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

