O vindeiro sábado 22 de decembro, ás 12 da noite, celebrarase n'A Cova Céltica o sorteo da última camisola que Iago Iglesias usou co Deportivo. Deste xeito, o actual xogador do Elche e da selección galega quixo colaborar coa nosa asociación. Traede as vosas rifas e lembrade que aínda estades a tempo de comprar máis ata a mesma hora do sorteo. 18/12/07
Sorteo da camiseta de Iago Iglesias
O vindeiro sábado 22 de decembro, ás 12 da noite, celebrarase n'A Cova Céltica o sorteo da última camisola que Iago Iglesias usou co Deportivo. Deste xeito, o actual xogador do Elche e da selección galega quixo colaborar coa nosa asociación. Traede as vosas rifas e lembrade que aínda estades a tempo de comprar máis ata a mesma hora do sorteo. 7/11/07
CICLO DE CONFERENCIAS: Luns, 12 de novembro: 'Unha historia esquecida: o anarquismo coruñés'
O próximo luns 12 de novembro a partir das 20.30 horas n'A Cova Céltica o historiador e membro da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Eliseo Fernández, impartirá unha conferencia co título: 'Unha historia esquecida: o anarquismo coruñés'. Na devandita conferencia, Fernández falará sobre o movemento anarquista coruñés, que tivo o seu centro neurálxico no barrio de Monte Alto, e que foi fortemente reprimido pola ditadura franquista.
5/11/07
Samaín 2007
Os Curriolos da Pescadería celebramos o pasado mércores 31 o Samaín (Festa das Caliveras, das Cabazas ou dos Calabazotes, como queirades chamarlle). Aí están Brais e Riaño con dúas das cabazas gañadoras do concurso. Houbo castañas, festa e bo ambiente. Esperámosvos o ano que vén para outra nova celebración desta festa tradicional en Galicia que volve recuperarse logo de anos da invasión do Halloween. Apertas!
2/11/07
LUNS 5 DE OUTUBRO, CONFERENCIA: 'Entre a historia e a lenda: a Torre de Hércules'
O vicepresidente do Instituto Torre e director do Museo Arqueolóxico, José María Bello, ofrece unha conferencia na que tratará a historia e relevancia da Torre de Hércules, símbolo da Coruña, logo de ser proclamada como candidata a Patrimonio da Humanidade. O luns 5 de novembro a partir das 20.30 horas n'A Cova Céltica e baixo o título: 'Entre a historia e a lenda: a Torre de Hércules'. Haberá, ademais, proxeccións de imaxes do faro e das excavacións feitas na zona. 16/10/07
NOITE DO SAMAÍN
Os Curriolos convídanvos á celebración do Samaín. O vindeiro MÉRCORES 31 haberá n'A COVA CÉLTICA castañas e festa para conmemorar unha data que volve coller pulo en Galiza logo de anos de intento de importar o Halloween ianqui, que non é máis que unha adaptación estadounidense dunha tradición moito máis antiga en países como o noso. Por suposto, haberá un CONCURSO DE CABAZAS DECORADAS, así que... Participade! Traédeas ben decoradiñas e a gañadora levará un premio. Feliz Samaín!13/7/07
CHURRASCO-SARDIÑADA DE SAN XOÁN
Os curriolos comezamos a xornada festeira con forza as 17 horas estreando a barra de fóra
Por fin chegan as sardiñas lañadas, a delicatessen da noite.
As curriolas tamén van chegando para montar boa festa
E xa comeza entrar a chicha na grella, aí vemos ao fogoneru Serafu dándolle ás brasas
Que pasa neng!!!! Tanto furor cociñeiro precisa un stop para ver coma ían os partidos de ascenso do Fabril e do Racing de Ferrol.
O Iván xa non pode resistir ao arrecendo do churrasco e das lañadas
Cos bos aromas dos ricos alimentos comeza achegarse a xente ao carón da grella
Os expertos cociñeiros, co Sr. Villarino, supervisando danlle duro á grella
E non hai boa festa se non remata cunha foliada, e para iso estaban Tucho e Pedriño para animar a festa
19/6/07
CHURRASCO-SARDIÑADA
DO DÍA DE SAN XOÁN
Outro ano máis celebramos a noite de San Xoán,é a noite coruñesa por excelencia,esa noite ne que todos festexamos coma irmaos a festividade do lume, da nova vida,da puificación da alma bañada en cervexa e alimentada cunha boa comilona de churrasco e sardiña.
Por todo isto os curriolos queremos convidar a todos os nosos amigos á churrasco-sardiñada que se fará n'a Cova Céltica o sábado día 23 deste mes a partir das 20 horas, na que por un módico prezo poderedes degustar de churrasco e das deliciosas sardiñas lañadas que nos preparará a avoa de Miguel, que é das poucas persoas que conservan en Galiza esta rica tradición.
Con todo isto, espero vervos esta noite tan especial para desfrutar connosco da festa e así axudar a que a festa e os curriolos se fagan máis grandes.
15/6/07
Actividades
Xuño de 2007 n'A Cova Céltica:
-Exposición de fotografía 'Beateando
as Américas' de Miguel Otero (fotoxornalista)
7 de xuño do 2007 n'A Cova Céltica:
-Concerto Rober n' Scroll.
-merenda con embutido leonés
13 de xuño do 2007 n'A Cova Céltica:
-Charla do fotoxornalista Miguel Otero.
-Exposición fotográfica 'Beateando as Américas'
23 de xuño do 2007 n'A Cova Céltica:
-Noite de san Xoán:
Churrascada e sardiñas lañadas
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)







